Nossa , nossa
lingua
mates , conhe ,
assí voçes me matan ai , ai ,
se em vós pego ,
faço matrícula ,
matrícula , matrícula

martes, 30 de xuño de 2015

mércores, 10 de xuño de 2015

Ciencia na aula

Científicas do Instituto de Investigacións Mariñas (Bouzas-Vigo), Laura Cal e Paula Suárez, compartiron connosco seus estudos de investigación este 9 de xuño.
Sometidas, logo, a un severo interrogatorio pola nosa parte, demostraron con amabilidade e alegría que nós tamén podemos chegar a ser sesudos investigadores.
Por último, elas nos agasallaron coa dirección dun experimento de extracción de ADN dunha fruta e nós regalamoslles un par de presentes para que non nos esquezan cando consigan o Premio Nobel.

venres, 5 de xuño de 2015

Os músicos de Ponteareas

Un curso arrollador porque tamén...Fixemos teatro!
Actuar é marabilloso. O mundo é diferente desde o alto dun escenario e, se es un músico, un bandido ou un locutor de radio...  Que ben te sentan os aplausos!
Muito obrigado